Outras actividades
Cursos de verán:
Ensino de segundas linguas a inmigrantes (2007)
Páxina Web do curso de verán
Culturas que falan: Ensino de lenguas e inmigración (2008)
Páxina Web da Universidade de Santiago
Proxectos de cooperación cultural:
As bibliotecas de centro como espazos interculturais (febreiro-marzo 2008)
Memoria da actividade
Fotos da actividade
A Universidade, como institución educativa ao servizo da Comunidade galega que a mantén, debe responder á diversidade cultural e lingüística que acompaña ao noso tempo. Desde este punto de vista, consideramos que as Facultades de Filoloxía e Ciencias da Educación en particular, deberían estar implicadas en proxectos e iniciativas que favorezan a integración social e lingüística, así como o recoñecemento da diversidade como unha riqueza para a nosa Comunidade. Este proxecto é unha iniciativa de colaboración entre os niveis educativos de Primaria, Secundaria e Superior, que invita á participación dos diferentes membros da Comunidade.
Obxectivo xeral: Presentar e recoñecer a diversidade lingüística e cultural do mundo e da nosa localidade a través de diversas actividades realizadas na biblioteca escolar.
Obxectivo relacionado coa xestión do espazo: Converter a Biblioteca do centro nun espazo multicultural e plurilingüe con especial protagonismo no currículo de cada centro.
Obxectivos relacionados coas actividades:
* Coñecer a diversidade lingüística do mundo.
* Entender a igualdade de todas as linguas.
* Promover unha actitude crítica cara aos prexuízos lingüísticos.
* Empregar coñecementos adquiridos noutras materias para profundar no coñecemento da diversidade lingüística do mundo.
O conto como recurso para a educación intercultural. Catro variacións sobre o mesmo tema: Cinsenta, Yeh-Shen, Rodophis e Cara-Queimada (decembro-xaneiro 2008)