hello bonjour namaste jambo buna kaixo prijatno konnichiwa hola ola salut privet sawubona assalam-aleikum kumasta morembe kitaitirivi ahlan zdravo mbôlo hallo tamaragua aho salve merhaba

Proxectos

Título do proxecto*: Plurilingüismo e conciencia lingüística. Recursos educativos para o desenvolvemento da competencia intercultural
O proxecto foi deseñado para propiciar o desenvolvemento da conciencia lingüística e a competencia intercultural nos escolares da Comunidade Autónoma de Galicia nun marco plurilingüe. Tomamos como punto de partida o bloque 2º dos contidos da materia Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos (R.D. 1513/2006, de 7 de decembro): A vida en comunidade, que trata da convivencia nas relacións coa contorna, a forma de abordar a convivencia e o conflito nos grupos de pertenza, identificando a diversidade, rexeitando a discriminación e valorando a participación e as súas canles.

O obxectivo xeral do programa é integrar, desde o punto de vista lingüístico, aos estudantes inmigrantes e galegos, fomentando o respecto e o interese pola diversidade lingüística.

Investigadora principal
María Teresa Díaz García tete.diaz@usc.es | Web

Investigadores
Antonio Ovidio Carreira Montes acarreira@edu.xunta.es
Arturo Casas Vales arturo.casas@usc.es | Web
José Luis Celeiro Álvarez l.celeiro@usc.es
María del Carmen García Rodríguez carmen.garcia@edu.xunta.es
Inmaculada Mas Álvarez inmaculada.mas@usc.es
Rebeca Sampedro Cid rebecasampedro@edu.xunta.es
María do Carme Silva Domínguez mdocarme.silva@usc.es
Luz Zas Varela luz.zas@usc.es

Doutorandos
Patricia Gamallo Lama patriciagamallo@gmail.com
Moncho Iglesias Míguez monchitinho@yahoo.com

Obxectivos concretos
  1. Facer visibles as diversas linguas dos escolares na escola multilingüe da nosa sociedade
  2. Facilitar a integración de todos os escolares na sociedade multilingüe e multicultural
  3. Deseñar materiais multilingües adecuados, que permitan a reflexión sobre a diversidade cultural e lingüística
  4. Crear actitudes positivas cara ao pluralismo lingüístico e cultural no ámbito da atención á diversidade
  5. Fomentar o desenvolvemento da competencia intercultural como área transversal do currículo escolar.

Eliximos os estudantes de 3º ciclo de Primaria polas seguintes razóns:
  1. Xa adquiriron e desenvolveron as destrezas e competencias en lecto-escritura
  2. O seu curriculum contén 3 materias do ámbito lingüístico
  3. Están preparados para comezar a traballar a conciencia lingüística (Language awareness)

O Proxecto desenvolverase en tres fases:
1ª fase: 2008-2009
Deseño dun instrumento de recollida de información sobre os usos lingüísticos dos escolares. Recollida de información. Análise da información. Informe das linguas e variedades usadas (comunitarias e extracomunitarias) polos estudantes deste ciclo.

2ª fase: 2009-2010
Realización da unidade didáctica. Tradución dalgúns materiais ás linguas con maior presenza na nosa comunidade. Esta actuación dependerá dos resultados arroxados polo informe da primeira fase da investigación, aínda que os datos cuantitativos parecen apuntar a linguas como o árabe, chinés, wolof, polaco, etc. Adaptación e deseño da unidade didáctica en soporte dixital para a súa libre distribución e uso por toda a comunidade educativa.

3ª fase 2010-2011
Implementación da unidade didáctica nalgúns dos centros que participaron na fase I. Avaliación do proceso e dos resultados.

(*) Proxecto subvencionado, en réxime de concorrencia competitiva, pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia: INCITE08PXIB400065PR]

Grupo Linguas
http://www.grupodelinguas.com
Universidade de Santiago de Compostela
tete.diaz@usc.es