Presentación
O Grupo de Linguas (GRULI) está integrado por profesorado de distintas Facultades (Filoloxía, Ciencias da Comunicación, Humanidades e Ciencias da Educación) da USC, docentes e persoal doutros niveis do sistema educativo e investigadores en proceso de formación. Somos pois, un grupo diverso, de acordo cos obxectivos dos nosos proxectos e actividades.
As accións que levamos a cabo como grupo de traballo son as seguintes:
* Organización de actividades formativas sobre os temas de interese do grupo
* Realización de actividades de colaboración con outros centros educativos e institucións
* Deseño de recursos e materiais educativos
* Apoio á realización de teses de doutoramento
* Realización de proxectos de investigación
* Publicación de libros e artigos en revistas
* Participación en congresos
Os nosos intereses están relacionados coa investigación e a acción sobre determinados aspectos e ámbitos da sociedade na que vivimos e que estamos a construír: lingua, escola e interculturalidade; coa proxección da universidade ao contorno social e coa colaboración entre profesionais de diferentes ámbitos de actuación. Por isto, o grupo de traballo está aberto a todas aquelas persoas ou grupos que desexen participar nas actividades, suxerir propostas, etc. relacionadas cos intereses e liñas mencionados.