|
|
Novidades
Seminario de atención educativa ao alumnado inmigrante
Preme aquí para ver os materiais.
Publicación do libro Diversidade lingüística e cultural no ensino de linguas
Preme aquí para ver o índice.
A diversidade lingüística é un feito cada vez máis presente na vida cotiá dos cidadáns. Actualmente en Galicia non resulta tan anecdótico escoitar falar árabe, chinés, wolof, caboverdiano... A situación actual no ensino das linguas está a mudar. A presenza cada vez maior de persoas estranxeiras é un aspecto importante nesa mudanza de perspectivas, obxectivos e metodoloxías no ensino de novas linguas. Neste volume, os diferentes autores achéganse á diversidade lingüística e cultural dende diversas ópticas: aspectos relativos ao ensino e aprendizaxe de linguas, cuestións de política lingüística educativa, aspectos metodolóxicos, etc.
Curso de verán 2009: Plurilingüismo na escola. Ensino de segundas linguas en contextos académicos
Preme aquí para ver toda a información sobre este curso
O curso celebrouse no salón de actos da Facultade de Filoloxía os días 8, 9 e 10 de Xullo de 2009.
Asistiron máis de cen persoas, estudantes e profesionais interesados no ensino de segundas linguas.
I Simposio Galego "Linguas, Culturas e Escola"
Preme aquí para ver toda a información sobre o I Simposio "Linguas, Culturas e Escola"
O Grupo de Linguas xunto coa Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela organizou o I Simposio galego sobre
este tema de actualidade.
O evento celebrouse o 28 de febreiro de 2009 no salón de actos da Facultade de Filoloxía da USC (Campus Norte).
El plurilingüismo, a debate hoy en Santiago
El Grupo de Linguas de la Facultade de Filoloxía de la Universidade de Santiago ha organizado para
la jornada de hoy el primer simposio Linguas, culturas e escolas. El encuentro, que se enmarca
en el proyecto de investigación Plurilingüsmo e conciencia lingüística y que se desarrolla desde
las 9.30 de hoy hasta las 20.00 en el salón de actos de Filoloxía en Santiago, cuenta con dos
intervenciones magistrales y una serie de comunicaciones y "experiencias educativas".
La profesora portuguesa Dulce Pereira, una de las mayores expertas europeas en plurilingüismo y educación, interviene a las 10.00 con la conferencia Diversidade Lingüística e Cultural na Escola Portuguesa. La seguirá, a mediodía, el sociolingüista y profesor en la Universidade de Vigo Anxo Lorenzo, que disertará en torno al epígrafe É posible desenvolver en Galicia un modelo de educación plurilingüe? Un cuentacuentos animará la jornada, que por la tarde se dedicará a la puesta en común de trabajos en el aula.
Os rapaces descobren a interculturalidade na súa vida cotiá
Data: 11/11/2008 |
Galicia-Hoxe.com
No marco dun proxecto da USC, os alumnos de dous colexios de Compostela aprenden a gran variedade de linguas que hai no mundo e mesmo nas súas aulas
A finais do ano 2006 tres profesoras da Facultade de Filoloxía da USC iniciaron en Santiago
de Compostela unha liña de traballo da que saíu o libro Integración Lingüística e Inmigración,
que foi presentado o 30 de outubro na Facultade de Humanidades, en Lugo. Pero isto non é un
punto e final, antes ó contrario, porque como veremos, os proxectos que empezaron María Teresa Díaz García,
Inmaculada Mas Álvarez e Luz Zas Varela cambiaron ó longo do tempo, reconverténdose, evolucionando,
en definitiva.
Docentes demandan un plan específico de formación para atender ao alumnado foráneo
Data: 31/10/2008 |
lavozdegalicia.com
Presentado na Facultade de Humanidades o libro «Integración lingüística e inmigración»
Integración lingüística e inmigración é o título do libro que onte foi presentado
na Facultade de Humanidades do campus lugués. As responsables da súa edición son
as profesoras do departamento de Lingua Española María Teresa Díaz García, Inmaculada
Mas Álvarez e Luz Zas Varela; mentres que Carme Silva Domínguez, profesora do departamento
de Filoloxía Galega, foi a encargada da supervisión lingüística da obra, así como
da tradución de tres capítulos que orixinariamente non estaban en galego.
Integración Lingüística e Inmigración
COLECCIÓN LALIA SERIES MAIOR
Mª Teresa Díaz García, Inmaculada Mas Álvarez e Luz Zas Varela (Coord.)
ISBN 978-84-9887-020-6 | 2008
Este volume reúne unha serie de traballos dedicados a aspectos relacionados coa
incidencia da inmigración no ensino e aprendizaxe de segundas linguas. Estamos asistindo
a unha serie de cambios sociais que afectan de xeito directo ao contexto educativo,
e, entre eles, o fenómeno migratorio. Na integración lingüística do alumnado foráneo
xoga un papel decisivo a aprendizaxe da lingua ou linguas empregadas na comunidade.
Os temas abordados neste volume por diferentes especialistas son: a situación en
Galicia, tanto para o galego como para o castelán, unha revisión e propostas das
claves do ensino de segundas linguas a inmigrantes, a variación do castelán como
obxecto de reflexión e de ensino, algúns aspectos sobre materiais e metodoloxías
de ensino de linguas, así como os programas de acollida e orientación para alumnado
inmigrante.
Bibliotecas escolares para aprender más culturas e igualdad
Data: 23/10/2008 |
lavozdegalicia.com
La USC desarrolla un novedoso proyecto en los colegios de Vite y Raíña Fabiola
As bibliotecas escolares poden ser un medio privilexiado para ensinar ao alumnado
a diversidade e igualdade das linguas e culturas do mundo. Con esa idea desenvolveuse
en febreiro e marzo, nos colexios públicos Raíña Fabiola e Vite, o novidoso proxecto
de cooperación cultural «As bibliotecas de centro como espazos para a interculturalidade»,
do que onte presentaron as conclusións unha representación do profesorado
e alumnado das facultades de Filoloxía e Ciencias da Educación que o deseñaron
e o levan a cabo.
|
|